Carregando

Hello, Sisters!

{Fomentamos a visibilización das mulleres nas TIC}

Hello, Sisters! é unha iniciativa para defender a visibilización das mulleres no sector tecnolóxico. Na actualidade, a participación das mulleres e persoas non binarias nos eventos técnicos locais e nacionais é moi baixa, e nada representativa da diversidade de profesionais existente nas TIC. Porén, tamén existe unha tendencia a que os postos de traballo estritamente técnicos e de responsabilidade non estean cubertos por profesionais diversos; causando un problema de visibilidade. Tendo en conta que "non se pode ser o que non se ve", en Hello, Sisters! defendemos a visibilización de futuras profesionais no sector técnico.

Hello, Sisters! Workshops

que son os workshops

Hello, Sisters! Workshops

Hello, Sisters! Workshops é unha nova iniciativa que consiste en aprender xuntas traballando nunha mesma idea ou temática. Entre todas aprendemos sobre un tema novo e creamos un proxecto real documentando o proceso. Despois presentamos o traballo ao resto das nosas compañeiras! Os temas poden ser moi diversos: dende ML ou NLP, ata testing pasando por boas prácticas de programación.

Aprende

A mellor forma de aprender algo é poñéndose mans á obra e creando un proxecto. E moito mellor é coa axuda das compañeiras en Hello, Sisters! Pensa nunha temática, comeza a buscar e documentar, leva a idea ao código e presenta o resultado ao resto do grupo.

Mellora as túas habilidades como enxeñeira!

De cero a heroína

Tanto se queres comezar a aprender algo dende o principio ou continuar a túa formación nalgún tema, nos obradoiros de Hello, Sisters! podes aprender canto e como queiras. Dende cero ata heroína do código!

Para todos os niveis!

Pásao ben

O obxectivo principal desta iniciativa é pasalo ben. Mentres aprendes e investigas coas túas compañeiras vas desfrutar dunha experiencia incrible e coñecer outras mulleres fantásticas do ámbito das TIC.

Divírtete!

publicacións recentes

Blog

Aquí compartimos artigos e publicacións sobre distintas noticias de Hello, Sisters! Podes seguir esta sección para estar sempre informada das últimas actividades e workshops. Nesta sección tamén publicaremos información sobre calquera tema relevante.

Aprende a facer unha skill con Alexa

Sácalle o máximo partido a Alexa e ensínalle a que faga cousas por ti grazas ás skills. máis »

screenshot

Como ser unha mestra do testing!

Aprende as mellores técnicas de testing e como construír produtos de calidade grazas a esta masterclass. máis »

screenshot

Constrúe un chatbot con Rasa

Que hai detrás dos asistentes conversacionais? Son só comandos e un conxunto de if-else? Pode a aprendizaxe automática entrar en xogo? máis »

screenshot

o contador para o seguinte workshop

Proximamente

12 DÍAS
3 HORAS
27 MINUTOS
38 SEGUNDOS

Xa estamos traballando no seguinte workshop. Permanece atenta para máis información.

quen somos

Equipo

Hello, Sisters! xunta a distintasmulleres do ámbito tecnolóxico. Nosoutras queremos dar máis visibilidade e apoiar ás mulleres neste campo. O noso grupo, ademáis de estar formado por alumnas entusiastas por participar en eventos técnicos; está composto por un grupo de mentoras pertencentes a diversos eidos: investigadoras, profesoras universitarias e profesionais de empresa privada.

Paloma

Paloma Piot

CS Engineer | NLP Enthusiast

Aida

Aida Vidal

AR Researcher

Icia

Icia Carro

ML/DL Engineer

Iria

Iria Calvelo

CS Engineer

Lucía

Lucía Álvarez

CS Engineer

Bea

Bea Molina

CSE Student finishing studies

Laura

Laura Castro

Professor and Senior Researcher

Laura

Laura Morán

ML Researcher

dúbidas habituais

FAQ

Se tes algunha dúbida sobre este proxecto probablemente poidas atopar unha resposta nesta sección. Intentaremos actualizar esta sección a cotío.

Hello, Sisters! é unha iniciativa para defender a visibilización das mulleres no sector tecnolóxico.

  1. Axudamos a futuras enxeñeiras a desenvolverse pública e tecnicamente
  2. Comunicámonos por Slack
  3. Reunímonos unha vez ao mes
  4. Falamos de novas tecnoloxías, mulleres en STEM, etc.
  5. Facemos presentacións de temas moi diversos
  6. Somos un grupo seguro, ninguén vai menospreciar o teu traballo, nin por suposto a ti

Na actualidade, a participación das mulleres e persoas non binarias nos eventos técnicos locais e nacionais é moi baixa, e nada representativa da diversidade de profesionais existente nas TIC. Porén, tamén existe unha tendencia a que os postos de traballo estritamente técnicos e de responsabilidade non estean cubertos por profesionais diversos; causando un problema de visibilidade. Tendo en conta que "non se pode ser o que non se ve", en Hello, Sisters! defendemos a visibilización de futuras profesionais no sector técnico.

Hello, Sisters! Workshops é unha nova iniciativa que consiste en aprender xuntas traballando nunha mesma idea ou temática. Entre todas aprendemos sobre un tema novo e creamos un proxecto real documentando o proceso. Despois presentamos o traballo ao resto das nosas compañeiras! Os temas poden ser moi diversos: dende ML ou NLP, ata testing pasando por boas prácticas de programación.


Comproba o noso blog para ver os temas que tratamos ata agora!

Envíanos unha mensaxe por calquera das nosas redes sociais e enviarémosche unha invitación para o noso Slack. Alí decidimos o día da reunión cada mes, falamos de diversos temas, preparamos o contido das seguientes reunións, e moito máis!

Nas reunións normalmente algunha sister fai unha presentación dalgún tema que estea aprendendo ou queira amosar. Sempre temos temática libre, onde falamos de diversos temas que xurdan. E ás veces hai invitadas especiais que nos contan a súa experiencia ou nos falan dalgún tema de interese.

segue en contacto

Envíanos unha mensaxe

Non dubides en contactar connosco. Se tes algunha dúbida sobre Hello, Sisters! ou os workshops podes empregar calquera das nosas redes sociais. Responderemos canto antes!